Mostrando entradas con la etiqueta mambrelo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mambrelo. Mostrar todas las entradas

martes, 11 de julio de 2023

SEGUINDO O CAMIÑO FRANCÉS

Desde Postres de Mamá iniciamos un novo proxecto no que faremos chegar a todos e todas varias sobremesas típicas de Galicia.

Estamos moi ilusionadas con esta proposta e esperamos que vos encante. Imos darvos a coñecer 4 sobremesas típicas galegas seguindo o camiño de Santiago Francés que parte desde O Cebreiro para chegar ata Compostela. Durante este particular camiño que iniciamos hoxe, peregrinos e galegos poderán ver no noso blogue as receitas con todos os ingredientes e preparación de cada unha delas. Estade atentos ás nosas redes para saber cando chegarán as seguintes!

–––––––––––––––––––––––– RECEITA ––––––––––––––––––––––––––

O queixo de O Cebreiro ten un sabor peculiar e a súa característica forma de fungo ou gorro tamén o fai diferente aos demais. É un queixo fresco que se amasa e perde gran parte da súa humidade ao moldearse en trapos polo que adquire esa forma.
O Cebreiro, pobo do que lle vén o nome a este queixo, é a entrada a Galicia do Camiño de Santiago francés e onde moitos peregrinos fan parada na súa ruta para degustar este fantástico queixo. Pola nosa banda, queremos facervos chegar esta torta fría de Queixo de Cebreiro e marmelo, unha combinación perfecta e moi típica na nosa terra. A continuación deixámosvos a receita. Esperamos que vos guste!