Mostrando entradas con la etiqueta Xunta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xunta. Mostrar todas las entradas

miércoles, 11 de octubre de 2023

TORTA DE MAZÁ SEN AZUCRE

Xa chegou o outono e con el todas as froitas da época. Entre moitas delas a mazá é a que está presente nas nosas casas con frecuencia e hai moitas variedades para disfrutalas. Esta froita é protagonista de moitas receitas, doces e salgadas. As súas propiedades axudan a manter unha dieta sa.

Os seus principais beneficios son:

  • Fortalecer o sistema inmune
  • Mellorar a función cerebral
  • Resolver problemas intestinais ou dores de estómago 
  • Previr da diabetes
  • Loitar contra o asma
  • Evitar as caries

Por todos estes beneficios, hoxe deixamos no noso blogue a receita de torta de mazá sen azucre, ideal para os nenos e nenas máis pequenos da casa, que desde os 9 meses xa lles poden incluír nas suas merendas ou sobremesas.

Pensar nunha dieta equilibrada e que teña ingredientes saudables é importante. As nais e pais intentan reducir o consumo de azucre dos máis pequenos buscando alternativas igualmente ricas, e nas escolas revísase moi especialmente o que comen: nas rede de Escolas Infantís Públicas Autonómicas de Galicia contan con menús sans e equilibrados elaborados por nutricionistas que seguen as recomendacións da OMS para favorecer o correcto desenvolvemento dos nenos e nenas galegos. Un traballo “en equipo” para conseguir unha alimentación coidada e coa que tamén desfrutan nesta etapa de 0 a 3 anos.

Se buscas unha actividade para entreter aos nenos e nenas da casa, sempre acompañados dun adulto que poida cortar e quentar a torta, con esta sobremesa conseguirás pasar momentos de cociña moi divertidos e entretidos.







lunes, 2 de octubre de 2023

RECEITA DE PANNA COTA CON MOLLO DE FRAMBOESA

Para todas esas nais que estades embarazadas e esperades un bebé temos unha receita ben rica e saborosa. Porque nós, coma nais que tamén somos, sabemos que hai momentos no embarazo nos que precisamos algún doce e que ao mesmo tempo sexa saudable (todos os quilos contan).

A receita que compartimos é unha Panna Cotta con mollo de framboesa, unha mestura exquisita e moi sana, da que seguro disfrutaredes moitísimo e á vez ides coidar de vós e do voso bebé que está a buscar alimento sen parar nas vosas barrigas.

Este postre tradicional italiano típico da rexión de Piamonte, é moi parecido a un flan pero máis compacto, isto sucede pola xelatina. A súa textura é moi suave e para darlle un toque de cor e sabor acompáñase na maioría dos casos dunha marmelada, a máis típica é a de framboesas ou arándanos.

É unha receita moi lixeira, refrescante e sinxela de preparar xa que non precisa de forno. Á hora de elixir os moldes tede en conta que non sexan moi grandes e que resulten fáciles de desmoldar. Podedes usar ben uns vasiños pequenos ou moldes de silicona de flan.

Esperamos que disfrutedes facendo esta deliciosa receita e desde Postres de Mamá dámosvos a noraboa, porque sodes unhas mamis xeniais!. Coidádevos moito e deixade que vos coiden!




Xunta de Galicia - PROGRAMA DE APOIO A NATALIDADE

martes, 22 de agosto de 2023

TORTA DE SANTIAGO

Rematamos o noso Camiño Francés e chegamos a Santiago de Compostela, capital de Galicia e culminación desta ruta de peregrinación.

Nesta fermosa cidade os peregrinos e peregrinas terán por fin a ocasión de visitar a marabillosa Catedral de Santiago, onde poderán contemplar o Pórtico da Gloria ou trasladar ao Apóstolo os seus desexos e peticións.

Despois de tanto esforzo por conseguir a Compostela é hora dun merecido descanso, e que mellor que unha torta de Santiago ben fresquiña para rematar o día.

Esta torta trátase dun manxar típico de sobremesa que ten como ingredientes principais a améndoa e os ovos. As primeiras noticias que se coñecen da súa receita remóntanse a 1577, durante a visita de Dom Pedro de Porto Carrero á Universidade de Santiago de Compostela, onde lle serviron unha Torta Real (actualmente coñecida como torta de Santiago). A Cruz de Santiago gravada na parte superior da torta comezou a colocarse no ano 1924.


E así rematamos este proxecto compartindo con todos e todas a receita máis esperada durante todo o Camiño de Santiago Francés.

Moitas grazas por seguirnos neste proxecto e por disfrutar con nós dos mellores e máis coñecidos doces de Galicia.



martes, 8 de agosto de 2023

TORTA DA AVOA

De todas as sobremesas que podemos atopar en Galicia hai unha que seguro coñecedes: a torta da avoa.

A nosa seguinte parada no Camiño de Santiago Francés é en Palas de Rei, zona de descanso obrigada para os peregrinos según o Códice Calixtino, a tan só 68 km de Santiago de Compostela, que conta con un extenso patrimonio arqueolóxico e arquitectónico como Castelo de Pambre, Pazo de Ulloa ou a Igrexa de Vilar de Donas.

A súa gastronomía tradicional galega sorprende polo seu gran sabor en produtos da terra. E de tradicións queremos falar con esa torta tan boa e sinxela que facían as nosas avoas na casa.

Aínda que as receitas poden variar segundo as tradicións familiares, os ingredientes básicos son comúns e case sempre están dispoñibles na nosa cociña: galletas, chocolate e cremas. É unha receita laboriosa pero paga a pena o traballo para disfrutar do seu sabor delicioso.

De seguido podedes ver a nosa versión desta torta tan coñecida: 




lunes, 24 de julio de 2023

FLAN DE LICOR CAFÉ

Seguimos o noso camiño Francés con parada en Sarria, localidade situada na provincia de Lugo a 100 kilómetros de Santiago de Compostela. Nesta vila os peregrinos e visitantes podrerán apreciar os monumentos que aínda se conservan do s. XIII e dunha gastronomía no que destaca principalmente o polbo á feira.

Seguramente moitos de vós sabedes do ingrediente secreto da receita que vos presentamos hoxe, pois é un dos licores máis coñecidos de Galicia. O Flan de Licor café.

O licor café é un dos licores estrelas. O seu sabor intenso obtido da mestura de café, azucre e augardente  convírteo na bebida perfecta para pechar unha comida ou disfrutar da sobremesa.

É por iso que, aproveitando este sabroso licor, un dos postres típicos galegos é este delicioso flan, moi fresco para o verán e cun profundo sabor.


* Este delicioso flan conten licor,  polo que non é apropiado para os más pequenos da casa.




martes, 11 de julio de 2023

SEGUINDO O CAMIÑO FRANCÉS

Desde Postres de Mamá iniciamos un novo proxecto no que faremos chegar a todos e todas varias sobremesas típicas de Galicia.

Estamos moi ilusionadas con esta proposta e esperamos que vos encante. Imos darvos a coñecer 4 sobremesas típicas galegas seguindo o camiño de Santiago Francés que parte desde O Cebreiro para chegar ata Compostela. Durante este particular camiño que iniciamos hoxe, peregrinos e galegos poderán ver no noso blogue as receitas con todos os ingredientes e preparación de cada unha delas. Estade atentos ás nosas redes para saber cando chegarán as seguintes!

–––––––––––––––––––––––– RECEITA ––––––––––––––––––––––––––

O queixo de O Cebreiro ten un sabor peculiar e a súa característica forma de fungo ou gorro tamén o fai diferente aos demais. É un queixo fresco que se amasa e perde gran parte da súa humidade ao moldearse en trapos polo que adquire esa forma.
O Cebreiro, pobo do que lle vén o nome a este queixo, é a entrada a Galicia do Camiño de Santiago francés e onde moitos peregrinos fan parada na súa ruta para degustar este fantástico queixo. Pola nosa banda, queremos facervos chegar esta torta fría de Queixo de Cebreiro e marmelo, unha combinación perfecta e moi típica na nosa terra. A continuación deixámosvos a receita. Esperamos que vos guste!