miércoles, 11 de octubre de 2023

TORTA DE MAZÁ SEN AZUCRE

Xa chegou o outono e con el todas as froitas da época. Entre moitas delas a mazá é a que está presente nas nosas casas con frecuencia e hai moitas variedades para disfrutalas. Esta froita é protagonista de moitas receitas, doces e salgadas. As súas propiedades axudan a manter unha dieta sa.

Os seus principais beneficios son:

  • Fortalecer o sistema inmune
  • Mellorar a función cerebral
  • Resolver problemas intestinais ou dores de estómago 
  • Previr da diabetes
  • Loitar contra o asma
  • Evitar as caries

Por todos estes beneficios, hoxe deixamos no noso blogue a receita de torta de mazá sen azucre, ideal para os nenos e nenas máis pequenos da casa, que desde os 9 meses xa lles poden incluír nas suas merendas ou sobremesas.

Pensar nunha dieta equilibrada e que teña ingredientes saudables é importante. As nais e pais intentan reducir o consumo de azucre dos máis pequenos buscando alternativas igualmente ricas, e nas escolas revísase moi especialmente o que comen: nas rede de Escolas Infantís Públicas Autonómicas de Galicia contan con menús sans e equilibrados elaborados por nutricionistas que seguen as recomendacións da OMS para favorecer o correcto desenvolvemento dos nenos e nenas galegos. Un traballo “en equipo” para conseguir unha alimentación coidada e coa que tamén desfrutan nesta etapa de 0 a 3 anos.

Se buscas unha actividade para entreter aos nenos e nenas da casa, sempre acompañados dun adulto que poida cortar e quentar a torta, con esta sobremesa conseguirás pasar momentos de cociña moi divertidos e entretidos.







lunes, 2 de octubre de 2023

RECEITA DE PANNA COTA CON MOLLO DE FRAMBOESA

Para todas esas nais que estades embarazadas e esperades un bebé temos unha receita ben rica e saborosa. Porque nós, coma nais que tamén somos, sabemos que hai momentos no embarazo nos que precisamos algún doce e que ao mesmo tempo sexa saudable (todos os quilos contan).

A receita que compartimos é unha Panna Cotta con mollo de framboesa, unha mestura exquisita e moi sana, da que seguro disfrutaredes moitísimo e á vez ides coidar de vós e do voso bebé que está a buscar alimento sen parar nas vosas barrigas.

Este postre tradicional italiano típico da rexión de Piamonte, é moi parecido a un flan pero máis compacto, isto sucede pola xelatina. A súa textura é moi suave e para darlle un toque de cor e sabor acompáñase na maioría dos casos dunha marmelada, a máis típica é a de framboesas ou arándanos.

É unha receita moi lixeira, refrescante e sinxela de preparar xa que non precisa de forno. Á hora de elixir os moldes tede en conta que non sexan moi grandes e que resulten fáciles de desmoldar. Podedes usar ben uns vasiños pequenos ou moldes de silicona de flan.

Esperamos que disfrutedes facendo esta deliciosa receita e desde Postres de Mamá dámosvos a noraboa, porque sodes unhas mamis xeniais!. Coidádevos moito e deixade que vos coiden!




Xunta de Galicia - PROGRAMA DE APOIO A NATALIDADE